Castelo de Doiras

Convite á inauguración do Castelo de Doiras

Desde o Concello de Cervantes temos o pracer de convidarvos a todas e todos á inauguración oficial do Castelo de Doiras, un evento histórico e especial que marcará unha nova etapa para este elemento crucial do noso patrimonio.

O próximo domingo 30 de marzo ás 12:00 horas, xuntarémonos no castelo para celebrar que este monumento, cargado de historia e simbolismo, pasa a ser un ben público.

Despois de séculos de existencia, o Castelo de Doiras pertence agora ao Concello de Cervantes, a todos os cervantegos e cervantegas, e por extensión, a todas as galegas e galegos que queiran achegarse a coñecelo e desfrutalo.

Será unha xornada de celebración aberta a toda a cidadanía, na que poderemos compartir este momento histórico. Convidamos a todas as persoas, de dentro e fóra do noso concello, a acompañarnos nesta inauguración, que simboliza a posta en valor do noso patrimonio e a vontade de seguir promovendo a nosa cultura e historia.

O Castelo de Doiras, enclavado nunha paraxe de gran beleza, representa unha testemuña viva do noso pasado e agora abre as súas portas cun novo futuro por diante. Queremos que toda a veciñanza forme parte deste día tan especial, así que non dubidedes en asistir e formar parte desta nova etapa.

Más artículos sobre

Demostración de desbroces

Gran interese na demostración de maquinaria de desbroce en Cervantes

Carnaval Cervantes 2026

Carnaval en Cervantes

Sanidade en Cervantes

Nin + nin -. A sanidade que merecemos!