Fran Lorenzo grava Galicia Nómada en Cervantes

Fran Lorenzo filma un capítulo de “Galicia Nómada” nunha ruta por Cervantes

O creador de contidos Fran Lorenzo estivo estes días visitando diferentes puntos do noso concello para gravar un capítulo da súa viaxe por Galicia en moto. Esta é unha serie que se difunde a través das redes sociais (especialmente en Youtube) e tamén na canle temática MotoAdv. O influencer vai amosando o percorrido que fai na súa moto e descubrindo paisaxes espectaculares, cultura, gastronomía e as historias das persoas que fan única esta terra.

Unha das súas últimas rodaxes, trouxo a Fran Lorenzo ata Cervantes, onde fimou o capítulo “Teitos de Ancares” no que participaron varios veciños e veciñas de Cervantes aos que foi entrevistando no percorrido que fixo por diferentes lugares do noso municipio. Incluso estivo traballando no noso coworking, podes ver o vídeo que compartimos coa súa experiencia no noso Facebook.

A continuación deixamos ligado o vídeo cun pequeno adianto do programa. O capítulo enteiro estará dispoñible nas próximas semanas.

Más artículos sobre

Demostración de desbroces

Gran interese na demostración de maquinaria de desbroce en Cervantes

Carnaval Cervantes 2026

Carnaval en Cervantes

Sanidade en Cervantes

Nin + nin -. A sanidade que merecemos!