3 contenidos
viernes, 8 de marzo de 2024
O Concello de Cervantes resultou beneficiario dunha subvención por importe de 48.382,02 € ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS701B), mediante a cal se levaron a cabo actuacións de mellora da accesibilidade ao edificio mediante a construción dunha rampa e a instalación dun ascensor. O acceso á planta superior do edificio supoñía un obstáculo para as persoas con mobilidade reducida á hora de acceder ó mesmo, xa que non existía outra vía que unha escaleira de caracol que salvaba o desnivel dende a planta inferior. Do mesmo xeito, a entrada ó edificio do concello non contaba con un acceso adaptado ás persoas con mobilidade reducida, existindo tan só escaleiras que impedían o paso de cadeiras de rodas e dificultan o tránsito de persoas con dificultades de desprazamento. Coas actuacións propostas conseguiuse tanto a mellora da accesibilidade ó propio edificio como ó departamento de Servizos Sociais municipais, garantindo as condicións de seguridade dos usuarios dos servizos e logrando un acceso ó interior do edificio universal e apto para toda a cidadanía.
jueves, 23 de marzo de 2023
A Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Cervantes pon en marcha un novo plan de dixitalización das pequenas e medianas empresas co obxectivo de axudar ás PEMES e persoas autónomas a integrar nas súas empresas solucións dixitais que melloren o seu rendemento.
3 contenidos