Fondo cabecera Concello de Cervantes

Noticias

Rede de Oficinas Acelera Peme

A Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Cervantes pon en marcha un novo plan de dixitalización das pequenas e medianas empresas co obxectivo de axudar ás PEMES e persoas autónomas a integrar nas súas empresas solucións dixitais que melloren o seu rendemento.

Rede de Oficinas Acelera Peme_img01

Para levalo a cabo, conformouse unha Rede de Oficinas Acelera Peme para contornas rurais, que acollerá todo tipo de actividades económicas.

As PEMES e persoas autónomas participantes contarán con asesoramento individualizado e personalizado en materia de transformación e capacitación dixital por parte dunha rede de axentes dixitalizadores que visitarán as empresas.

Deste xeito, buscaranse as solucións máis axeitadas a cada caso en particular, axudando a optimizar os procesos, a xestionar e relacionarse coa clientela e a outros trámites importantes, como por exemplo, a solicitude do certificado dixital. O asesoramento e acompañamento será a longo prazo.

Este servizo está xa operativo. As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do número de teléfono 681 18 45 39 ou no correo acelerapymesrural4@gmail.com

SERVIZOS QUE OFRECE O PROGRAMA ACELERA PYME RURAL

1. Certificado dixital
2. Factura electrónica
3. Solicitude das axudas do Kit Dixital
4. Mellora da imaxe corporativa do negocio
5. Técnicas de mellora a través do marketing dixital
6. Elaboración de material publicitario: fotografía e vídeo.
7. Creación ou mellora do perfil de empresa en Google
8. Creación ou mellora de páxina web
9. Creación ou mellora de tenda online
10. Creación ou mellora de redes sociais
11. Posicionamento en Internet
12. Whatsapp para empresas
13. Programas de xestión de clientes (CRM)
14. Programas de xestión de stock
15. Xestión do negocio, interpretación de datos, análise de clientes, novos hábitos de consumo.
16. Nocións básicas da xestión económica da empresa
17. Novas oportunidades de negocio. Licitación pública electrónica

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Ayuntamiento de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es