Fondo cabecera Concello de Cervantes

Actualidade

CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE OBRIGAS DOS PROPIETARIOS DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA

Campaña de difusión en virtude no establecido na Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
Quen tome a decisión de incorporar un animal de compañía ás súas vidas son responsables da súa saúde e benestar, e teñen que ser conscientes e asumir as obrigacións e responsabilidades que iso implica, o que está directamente relacionado coa necesaria intervención das administracións públicas implicadas, ás cales lles compete realizar un intenso labor de información, educación e sensibilización á cidadanía. En virtude disto, compre difundir entre a cidadanía o establecido no Artigo 7 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
1. A persoa propietaria ou posuidora dun animal é responsable da súa protección e benestar, debendo cumprir con todas as obrigacións previstas na presente lei e nas disposicións que a desenvolvan.
2. As persoas propietarias e posuidoras de animais teñen a obrigación de garantir as seguintes necesidades básicas:
  • Fornecerlles alimentación, auga e os coidados que estean en consonancia coas súas necesidades fisiolóxicas e etolóxicas adecuados para o seu normal desenvolvemento.
  • Proporcionarlles aloxamento suficiente, cómodo, seguro, a resgardo das inclemencias meteorolóxicas, e mantelos en boas condicións hixiénico-sanitarias e ambientais, todo iso conforme á súa etoloxía e as súas características físicas.
  • Sometelos ás revisións veterinarias precisas e prestarlles todos aqueles tratamentos veterinarios preventivos, paliativos ou curativos que sexan necesarios para garantir un bo estado sanitario, ou que lles eviten sufrimento, así como sometelos a calquera tratamento preventivo que sexa declarado obrigatorio para o seu benestar ou para a protección da saúde pública ou a sanidade animal.
  • Proporcionarlles o necesario exercicio físico e descanso, de acordo con as súas necesidades fisiolóxicas e etolóxicas.
  • Proporcionarlles unha contorna libre de estrés, medo e sufrimento, así como a posibilidade de interacción necesaria para o seu normal desenvolvemento.
3. As persoas propietarias ou posuidoras de animais teñen, ademais das anteriores, as obrigacións seguintes:
  • Colaborar coas autoridades e os seus axentes, e facilitarlles canta documentación e información fose requirida, así como o acceso ou entrada aos lugares que fose necesario.
  • Adoptar as medidas necesarias para que os animais non poidan acceder libremente ás vías e espazos públicos ou privados. No caso dos cans, a estes deberán levalos provistos de correa e colar ou outros elementos de retención, salvo os supostos establecidos nas actividades autorizadas nas que os animais precisan transitar en liberdade ou naqueles lugares nos que se permita que transiten en liberdade, e, en todo caso, baixo o control e responsabilidade das persoas propietarias ou posuidoras dos mesmos, evitando danos ou molestias ás persoas viandantes ou a outros animais. Así mesmo, deberá impedirse o libre acceso ao lugar onde se aloxen os animais ás persoas ou a outros animais. O acceso dos animais no caso dos locais destinados a espectáculos públicos, deportivos e culturais someterase ao disposto nas normas municipais de aplicación, co necesario respecto á restante normativa aplicable.
  • Recoller os excrementos que os animais depositen nas vías e espazos públicos e privados de uso común.
  • Evitar a reprodución incontrolada dos animais.
  • Manter actualizados os datos comunicados aos rexistros obrigatorios previstos na lei.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es