Actualidade
I XORNADAS DE ARQUEOLOXÍA E HISTORIA DOS ANCARES
A fin de semana do 4 e 5 de maio terán lugar as I Xornadas de arqueoloxía e historia de Ancares, que se centrarán na Vía Romana XIX, a cal atravesa parte do noso concello, e na época romana. O sábado día 4 terá lugar a inauguración no Edificio de Servizos Múltiples de San Román, incluíndo dentro do programa unha saída e charla no Castro de Santa María. O día 5 as actividades levaranse a cabo nos concellos de Balboa e Vega de Valcarce.