Fondo cabecera Concello de Cervantes

Actualidade

APROBACIÓN INICIAL DO P.X.O.M DO CONCELLO DE CERVANTES

O día 18 de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio de aprobación inicial do PXOM de Cervantes, que se somete a información pública polo prazo de dous meses a contar dende o día 19 de setembro.

Publicación no DOG do anuncio de información pública do PXOM de Cervantes

Documentación do Plan Xeral, avisos, alegacións.

Equipo redactor do PXOM de Cervantes: Gabinete de Arquitectura e Urbanismo gAU

Equipo colaborador na redacción do PXOM de Cervantes: Laboratorio do Territorio. LaboraTe

Prema na cabeceira para ver máis información.

Escudo Cervantes

O día 18 de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio de aprobación inicial do PXOM de Cervantes, que se somete a información pública polo prazo de dous meses a contar dende o día 19 de setembro.

O PXOM ó completo está dispoñible para calquera interesado nesta plataforma SIXOT.

 O PXOM tamén pode ser examinado nas dependencias municipais.(Salón de plenos)

¿Queres saber como che quedan as túas propiedades?

Podes facer buscas por Parcela ou Referencia Catastral no visor web do PXOM de Cervantes, dentro da plataforma SIXOT. Nel poderás cargar as distintas capas e de maneira rápida e sinxela consultar a información que che interese.

¿Queres facer unha alegación ó Plan Xeral?

Podes facer a túa alegación ó PXOM de Cervantes a través desta plataforma e dende a túa casa, é tan sinxelo como rexistrarse.

Tamén pode facerse de forma presencial nas oficinas municipais, a través do modelo de alegacións, que se pode descargar en pdf no vínculo que aparece ó pé desta páxina.

Aviso: ó acceder por primeira vez á plataforma SIXOT para a consulta do PXOM do Concello de Cervantes, pode aparecer unha mensaxe de erro ou aviso en función do tipo de navegador que se empregue. Deberá vde. premer no botón "continuar" , "entendo os riscos", ou "conectar de todas formas".

Enlaces adicionais

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es