Dos acordos da Xunta de Goberno e do Pleno déixase constancia fidedigna nas actas municipais, que son públicas e están a disposición dos cidadáns, do mesmo xeito que as ordes do día das sesións dos devanditos órganos de goberno.
Os veciños poden solicitalas no Concello ou ben a través da dirección de correo de contacto que figura neste portal web.