Fondo cabecera Concello de Cervantes
Inicio » Servizos Municipais » Cidadanía » Cultura » Día do Libro

Día do Libro

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A nivel internacional é promulgado pola UNESCO, que a empezou a promulgar por primeira vez en 1995. Celébrase cada 23 de abril desde 1996.

A elección do día 23 de abril como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616, aínda que realmente non fose no mesmo día, debido a que a data de Shakespeare corresponde ao calendario juliano, que sería o 3 de maio do calendario gregoriano e que Cervantes faleceu o 22, sendo enterrado o 23. Tamén coincide coa data de falecemento de William Wordsworth (1850) e de Josep Pla (1981). A proposta foi presentada pola Unión Internacional de Editores á Unesco, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. O 15 de novembro de 1995 a Conferencia xeral de UNESCO aprobou a proposta en París, a partir do cal o 23 de abril sería o "Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor".

O Concello de Cervantes, como non podía ser doutra maneira, celebra con especial cariño esta efeméride.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es