Fondo cabecera Concello de Cervantes

Ruta da Ponte de Doiras

Ruta da Ponte de Doiras

RUTA DA PONTE DE DOIRAS

Distancia Aproximada: 15 Km.

Duración: 5-6 horas.

Dificultade: Media.

Saímos da Ponte de Doiras por un camiño que parte á dereita logo de cruzar o río. O camiño comeza a ascender cara Ferreiradeves, durante este percorrido gozaremos das fermosas vistas do Castelo de Doiras a man esquerda. Chegaremos a Vilar de Ferreira e continuamos ata Ferreiradeves. Pasamos o pobo ata o primeiro cruce onde sae un camiño que nos leva ata Fonte Cavada onde seguimos polo camiño dos Formigueiras ata Vilapasantes. Logo baixamos cara As Covas cruzando o Rego do Fontal, pasamos polos Campeliños, vamos ata o teso San Martín e seguimos ata As Covas. Alí cruzamos o río do Toural e comezamos o ascenso ata o Gumieiro. Continuamos por xunto á fonte seguindo pola Pena dos Palleiros, baixando ata a estrada Ambasmestas-Pontes de Gatín pola cal seguimos baixando ata Doiras.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es