RUTA DO REFUXIO Ó PICO FIEIRÓ
Distancia Aproximada: 2 Km.
Duración: 30 min.
Dificultade: Baixa.
Saímos da parte de atrás do Refuxio por un camiño ancho, rodeado de matogueiras, cunha subida que nos leva ás ruínas dun castelo. Seguimos subindo ata o Monte Fieiró onde gozaremos dunha bonita paisaxe.