Fondo cabecera Concello de Cervantes
Inicio » Turismo » Rutas de Sendeirismo e outros Puntos de Interese » Rutas » Do Albergue a Tres Bispos

Ruta do Albergue a Tres Bispos

Ruta do Albergue ó Pico de Tres Bispos RUTA DO REFUXIO A TRES BISPOS

Distancia Aproximada: 7 Km.

Duración: 3 horas.

Dificultade: Alta.

Partindo de Degrada subimos por unha estrada que discorre pola dereita ata o Albergue deixando alí o coche e comezamos o camiño por unha pista asfaltada, na cal está prohibido o acceso a vehículos. Percorrido 1 km. Deixamos á dereita un camiño que nos leva a Cabanavella. Seguimos avanzando e o camiño pasa a ser de pedra, á dereita pódese ver o Monte da Vara e chégase á Campa de Ortigoso, onde atopamos un bosque de acivros e un pouco máis adiante introducímonos nun bosque mixto de frondosas autóctonas (bidueiros, carballos, freixos¿). Pasados uns 4 km. Chegamos á Campa de Tres Bispos, desde alí pódese gozar dunha visualización completa dos picos máis importantes da Serra dos Ancares (O Mustallar, Penalonga¿). Desde esta campa ascendemos por un sendeiro que discorre entre matogueiras ata coroar o pico de Tres Bispos.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es