Fondo cabecera Concello de Cervantes

Ruta de Quindous

Ruta de Quindous

RUTA DE QUINDOUS

Distancia Aproximada: 12 Km.

Duración: 4,5 horas.

Dificultade: Media.

Esta ruta circular comeza no pobo de Quindous no cal cóllese un desvío á esquerda comezando a ruta cara a Savane, un sendeiro que presenta un bo trazado e unha vexetación moi variada. Posteriormente collemos unha pista forestal que sobe entre piñeirais ata case enlazar coa estrada de Sete Carballos, onde xiramos á esquerda por un camiño que descende ata Folgueiroa. Desde aquí, logo dun lixeiro ascenso, descéndese por un sendeiro que nos levará ata Dorna, onde podemos visitar a súa igrexa. Seguindo o regueiro de Dorna comezamos a subir cara o pobo de Estrema de Abaixo. Desde este punto podemos volver por dúas rutas:

No pobo de Estrema de Abaixo collemos un sendeiro á dereita que nos vai levar a Estremar de Arriba enlazando coa estrada asfaltada que vai a Quindous.

Partindo igualmente de Estrema de Abaixo collemos un sendeiro á esquerda que nos leva de novo a Quindous sen pasar por Estremar de Arriba

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es