Fondo cabecera Concello de Cervantes
Inicio » Turismo » Rutas de Sendeirismo e outros Puntos de Interese » Rutas » De Piornedo ó Mustallar

Ruta de Piornedo ó Mustallar

Ruta de Piornedo ó Pico Mustallar RUTA DE PIORNEDO Ó MUSTALLAR

Distancia Aproximada: 6 Km.

Duración: 3 horas.

Dificultade: Baixa ¿ Moi Alta (segundo o tramo).

Esta ruta comeza en Piornedo (lugar onde deixamos o coche), cruzamos o pobo ata a capela de San Lourenzo, onde collemos un camiño que nos leva ata O Campo no cal atopamos matogueiras características da zona coma piornos, toxos e xestas alternando con praderías de montaña. Seguimos o camiño ata que nos atopemos cunha chaira herbosa maior que a anterior chamada Chao Grande. Nesta campa atopámonos con dous camiños, calquera deles nos vai levar ata Campo Redondo. Alí veremos o río Veiga Cimeira, o cal se cruza a través dunha ponte. Do outro lado atopamos un sendeiro empedrado que nos leva ata unha campa onde atopamos restos dunha cabana que servía de albergue a pastores e montañeiros. Se continuamos o sendeiro chegaremos o cumio do Mustallar.

Desta ruta cabe destacar unha fermosa fervenza no río anteriormente mencionado o igual que a singular vexetación que cobre a ladeira da montaña composta por piornos, arandeiras, xestas, toxos¿ alternando con bosquetes de carballos, acivros, bidueiros, pradairos, capúdres, etc.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es