RUTA DAS PALLOZAS
Distancia Aproximada: 16 Km.
Duración: 30 min. en coche ou 4 horas andando.
Dificultade: Moi Baixa.
Esta ruta pódese facer en coche. Partindo da estrada Degrada-Piornedo recorremos uns 10 km. ata que chegamos ó desvío cara Vilarello onde podemos ver varias pallozas ben conservadas. Volvemos á estrada e seguimos cara Piornedo onde atoparemos o desvío que vai para Xantes. Seguindo pola estrada chegamos a Donís e seguimos cara Piornedo. Na entrada do pobo atopamos a estrada que nos leva a Suárbol e a Cruz de Cespedosa. Logo dunha subida moi pronunciada chegamos ó porto dos Ancares preto do límite entre Lugo e León. Tamén nos podemos achegar ata Balouta, para elo compre tomar a estrada na Cruz da Cespedosa.
Para volver a Degrada iremos polo mesmo camiño.