Fondo cabecera Concello de Cervantes

Gastronomía

A gastronomía de Cervantes basease principalmente nos produtos naturais obtidos da agricultura, gandería e recursos naturais. A alimentación xira en torno ós produtos derivados do porco, tales coma o xamón, lacón, chourizos, botelos... que se caracterizan por ser caseiros e saborosos.

O caldo, os grelos, os cachelos, as empanadas, etc. constitúen un conxunto de pratos de suculento padal caracterizados por estar elaborados con produtos procedentes destas terras.

Outros produtos que se poden destacar son o mel dos Ancares, as castañas e as noces, que en distintas combinacións resultan deliciosos pratos totalmente naturais.

Así mesmo, as troitas dos numerosos regatos de augas claras e limpas e a caza maior e menor dos seus montes constitúen outro piar importante dentro da gastronomía da zona.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es