Nunha área illada e con duras condicións físicas, o desenvolvemento económico viuse freado polo fenómeno emigratorio.
A base produtiva do termo municipal é fundamentalmente o sector primario, que dá ocupación ó 63% da poboación activa. A agricultura é fundamentalmente de autoconsumo, con explotacións de carácter familiar e pequeno tamaño.
As explotacións gandeiras, de reducido tamaño tamén, presentan un predominio do gando vacún (raza rubia galega e asturiana), que aproveitando os pastizais de montaña (5% da superficie) se destinan á produción láctea e cárnica.
O gando ovino ten unha grande importancia dentro do termo municipal e o seu número é lixeiramente menor ó das cabanas porcina e bovina.
A actividade forestal é unha actividade económica importante; xa que ocupa o 87% da superficie útil.
O sector secundario apenas está representado cun 1'4% da poboación activa. O sector terciario, en auxe, emprega ó 8% da poboación adulta activa e, basicamente, ubícase en Becerreá cara a onde se desprazou a actividade comercial.
Posiblemente, o desenvolvemento interno do concello de Cervantes pase por potenciar a explotación forestal e por rendabilizar o sector turístico.
Industrias: transformación cárnica;alimentarias, manufacturas artesanais.
Feiras:
Na actualidade, non se celebra ningunha destas feiras.