Fondo cabecera Concello de Cervantes

Socioeconomía

Nunha área illada e con duras condicións físicas, o desenvolvemento económico viuse freado polo fenómeno emigratorio.

A base produtiva do termo municipal é fundamentalmente o sector primario, que dá ocupación ó 63% da poboación activa.  A agricultura é fundamentalmente de autoconsumo, con explotacións de carácter familiar e pequeno tamaño.

As explotacións gandeiras, de reducido tamaño tamén, presentan un predominio do gando vacún (raza rubia galega e asturiana), que aproveitando os pastizais de montaña (5% da superficie) se destinan á produción láctea e cárnica.

O gando ovino ten unha grande importancia dentro do termo municipal e o seu número é lixeiramente menor ó das cabanas porcina e bovina.

A actividade forestal é unha actividade económica importante; xa que ocupa o 87% da superficie útil.

O sector secundario apenas está representado cun 1'4% da poboación activa. O sector terciario, en auxe, emprega ó 8% da poboación adulta activa e, basicamente, ubícase en Becerreá cara a onde se desprazou a actividade comercial.

Posiblemente, o desenvolvemento interno do concello de Cervantes pase por potenciar a explotación forestal e por rendabilizar o sector turístico.

Industrias: transformación cárnica;alimentarias, manufacturas artesanais.

Feiras:

      • O derradeiro domingo de mes en Donís;
      • 28 de cada mes en Quindous;
      • 17 de cada mes en San Martiño da Riveira;
      • 18 de cada mes en San Pedro;
      • Primeiro domingo en Seixas.

Na actualidade, non se celebra ningunha destas feiras.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es