Fondo cabecera Concello de Cervantes

Servizos municipais

Casa do Concello

CASA DO CONCELLO - PLANTA ALTA

Servizos Sociais: Este servizo ten como obxectivos informar, orientar, asesorar e analizar a realidade para detectar carencias e necesidades sociais, realizar servizos preventivos para toda a poboación, dar solucións ante necesidades de tipo individual e colectivo, e procurar o avance da autonomía, a integración e a permanencia das persoas no seo familiar. Para isto ofrece distintos servizos como o de Axuda no Fogar ou Programas de Orientación.

Telecentro: Sala equipada con ordenadores para ofrecer conexión a Internet (mediante tecnoloxía WiFi) gratuíta.

Biblioteca Municipal: Situada na Rúa Deputación s/n, foi creada en 1991. É unha biblioteca pública de acceso totalmente libre (Rede de Bibliotecas de Galicia).

Aruitecto municipal: Oficina de Urbanismo do Concello. Planeamento urbanístico, lexislación, vivenda, etc.

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local: Pertencente á Rede de Técnicos de Emprego de Galicia, ten como obxectivos, entre outros:

  • A prospección de recursos infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego.
  • A promoción de oportunidades de creación de actividade entre desempregados, promotores, emprendedores e institucións colaboradoras.
  • O apoio técnico e consultoría de xestión para promotores de empresas.
  • O asesoramento e acompañamento en procesos de planificación, e a información sobre a posta en marcha de calquera proxecto empresarial.

CASA DO CONCELLO - PLANTA BAIXA

Servizos Administrativos: Xestións relacionadas co Rexistro do Concello, Padrón de Habitantes, Servizo de Recollida de Lixo, Abastecemento e Saneamento de Auga, Vehículos, etc.

Xulgado de Paz: O Xulgado de Paz é o órgano da Administración de Xustiza que se atopa en Concellos nos que, como o de Cervantes, non existe un Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.

Secretaría: Oficina de Secretaría e Intervención.

Alcaldía: Despacho do Alcalde, o Sr. Benigno Gómez Tadín.

Arquivo Municipal: É o lugar onde o Concello reúne, conserva, organiza e pon ó dispor dos cidadáns e investigadores os documentos que dan testemuña dos feitos ocorridos ó longo da historia do Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es