A riqueza monumental de Cervantes é moi variada e abundante. Abarca numerosos exemplos de arquitectura popular como os hórreos, pombais ou as pallozas, restos arqueolóxicos como os castros, arquitectura civil e militar exemplificada nas fortalezas, castelos e pazos e, sobre todo, as numerosísimas capelas, como a de Pandelo, e igrexas que abundan no termo municipal e que incluso adquiren unha tipoloxía característica como igrexas de montaña. Destacan as seguintes:
Sto. Tomé de Cancelada que aínda conserva o seu sabor medieval;
Santiago de Cereixido con torre de tres corpos na fachada e bóveda de canón interior;
San Pedro de Cervantes tamén con bóvedas de pedra no interior;
San Alberte de Vilardemouros co típico cabildo na fachada;
San Fiz, tamén con cabildo na parte sur e bóveda de canón no presbiterio;
Nosa Sra. das Neves de Xantes-Donís;
Sta. María de Dorna;
San Pedro de Noceda
San Martín de Ribeira, en cuxo interior se conserva unha interesante pila bautismal do século. XVIII,
Un dos principais atractivos da arquitectura militar é o Castelo de Doiras chamado tamén de Puente de Doiras, Ferreira ou da ferraría, quizás pola súa proximidade á ferraría de Fonquente; está situado nunha posición estratéxica, un alto de difícil acceso. Esta fortaleza domina o río Cervantes e conserva os seus grosos e altos muros, erixidos polo conde de Grajal de Campos, señor de Cervantes. Foi restaurado polo seu actual propietario.
A Casa Torre de Donís tamén é un vestixio importante do pasado medieval da comarca, así como o caserío de Castelo de Frades en Cereixedo, a casa palacio de Pando. Tamén son de interese para visitar lugares como o Lugar de Mosteiro, Vilarello da Iglesia ou o poboado de Vilar.
Igrexas: Ambasvías, Cancelada, Castelo, Castro, Cereixedo, S. Pedro e San Román de Cervantes, Donís, Dorna, Mosteiro, Noceda, Pando, Quindous, Ribeira, Vilapum, Vilarello, Vilasante, Vilaver.
Capelas: de Airoa, Cabanas Antiguas, Cela, San Bernabeu de Folgoso, Prados, Trabado, San Alberte de Vilademouros, Castelo, Corneantes, Nosa Sra. de Donís, Xantes, Moreira, San Lourenzo de Piornedo, Robledo e Vilarello (Donís).
Pazos: Pazo castelo de Quindous, Casa Torre de Donís, Caserío de Castelo de Frades (Cereixedo), Poboado de Vilar, Lugar de Mosteiro, casa Palacio de Pando, Vilarello da Igrexa.