Fondo cabecera Concello de Cervantes
Inicio » Turismo » Historia

Historia

Etimoloxicamente, o topónimo Cervantes atópase ligado á raíz "cer", terra de cervos, evocándose incluso un posible culto prehistórico cara a este animal.

Considérase de época prerromana o poboado de Piornedo, así como outros vestixios prehistóricos. Destes primitivos asentamentos parecen derivar as típicas pallozas.

Durante a Idade Media, Cervantes foi terra dominada por amos de un ou outro signo. Os vestixios señoriais recordan a presenza dos marqueses de San Saturnino e ó señor de Cervantes, conde de Villanueva de Cañedo e marqués de Alcañices, que exerceu xurisdición na zona desde o castelo de Doiras.

A torre de Donís sinala a supervivencia señorial dun pobo de pastores, habitantes das pallozas.

O Castelo ou palacio de Quindós foi lugar de residencia, ata hai pouco máis dun século, dos marqueses de San Saturnino.

A fortaleza de Ferreira, situada na parroquia de San Román de Cervantes, pertenceu ós dominios de Pedro Osorio Manrique e constitúe unha mostra singular de fusión coa natureza e o entorno.

O actual termo municipal de Cervantes chegou a ser dividido entre dous señoríos, o de San Miguel dos Agros e o dos condes de Grajal. Con carencia de apoio documental, parece ser que na linaxe dos Cervantes tería a súa orixe o insigne escritor de El Quijote. Coa mesma falla de apoio, dise que, Alvaro Mendoza Caamaño y Sotomayor, cardeal das Indias, era natural de Pando de Donís, e que por mandato seu se construiu, en Lama de Rei, un suntuoso pazo.

No século XIX, as tropas napoleónicas, que invadiron Galicia entrando polo Camino Real de Castela, sufriron toda clase de avatares por parte das "alarmas populares", auténticos exércitos de paisanos, que, ó amparo da orografía comarcal, azoutaron varias baixas ó exército invasor.

Finalmente, mencionar que a finais do século XIX tivo lugar a proclamación da República independiente de Donís. Os seus habitantes, cansados de pagar contribucións, agardaron a chegada do recaudador para facelo prisioneiro. Deste modo proclámaronse independentes e libres, aínda que o episodio foi efímero, tan só uns días despois a Garda Civil puxo fin á rebelión.

Vestixios arqueolóxicos:

      • Castro de Cervantes
      • Vestixios históricos en Pena Tallada (Vilasante)
      • Pallozas en Piornedo, Donís, Robledo, Pozo, Pando, Sevane e Vilarello.

Contidos relacionados

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es