Fondo cabecera Concello de Cervantes

Demografía

Desde o punto de vista demográfico, Cervantes conta cunha poboación aproximada de 1.685 habitantes, distribuídos en 21 parroquias e numerosos núcleos de poboación illados. No ano 1981 a poboación era de 3.069 habitantes, sendo a densidade media de tan só 9 hab/Km2 e resultando Vilarello de la Iglesia, Vilaver, Cela e San Román as poboacións máis significativas do concello. 

As adversas condicións do medio físico, o escaso desenvolvemento técnico dun medio hostil e a fragmentación do territorio foron as causas principais do fluxo migratorio da alta montaña lucense. A emigración foi, durante anos, a única saída económica para moitas familias, emprendendo unha marcha forzada primeiramente cara a América e logo cara a Europa e as comunidades máis industrializadas de España.

Censo: 1.685 habitantes

Densidade de poboación: 6,08 hab/Km2

No apartado etnográfico existen moitas lendas que arraigaron na mentalidade popular.

Como testemuña do antigo culto ó lume persiste aínda a práctica de conservar o lume do fogar durante a noite para, ó día seguinte, prender de novo o lume co rescoldo conservado. Outro tanto podería dicirse sobre a expresión viva que se utiliza para facer referencia ó fenómeno do amencer: "estrela panadeira".

Non podería faltar tampouco a referencia ós cérvidos. Gustavo Adolfo Bécquer inspirouse nunha tradición comarcal, a da muller cerva, supostamente ambientada no Castelo de Doiras para elaborar una das súas obras.

A tradición tamén apunta que ó beber tres veces da fonte situada na Campa de Barreiro se consigue o favor da persoa amada.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es