Fondo cabecera Concello de Cervantes

Saúdo do Alcalde

Saúdo do Alcalde

A natureza sitúanos na alta montaña, pechando polo occidente as terras lucenses e galegas. E dotou a estas terras dun magnífico e especial conxunto de montes, vales, ríos e xentes que nos fai únicos. Con esta páxina pretendemos abrir unha porta a todo o mundo a través da que poder asomarse á nosa realidade, á nosa natureza e á nosa vida.

Desde o singular medio de comunicación que é Internet, chamamos a atención de todo o mundo en relación con este paraíso natural que ofrecemos a todos á vez que pedimos que todos nos axuden a manter esa nosa singularidade, a pureza dos nosos ambientes, a frondosidade dos nosos montes, as limpas augas dos nosos ríos e a grandeza da nosa xeografía.

Benvidos ó Cervantes virtual que con esta páxina chega a todo o mundo. E a todos os que queiran desfrutar dunha natureza sen contaminar e libre, veñan ó Cervantes real, e serán benvidos.

Benigno Gómez Tadín
Alcalde do Concello de Cervantes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Cervantes
Concello de Cervantes
C/ Deputación s/n – 27664 Cervantes - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 364 904 | Fax: 982 364 910
E-mail: concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es